Index | Presentación | Hemeroteca | Coordinación | Comité | Ilustración | Contacto
CARMEN BLANCO
Presentación
Escritora
lucense. Centrouse especialmente nas interrelacións de poder, muller, sexo,
cultura e literatura, temática na que abriu camiño en Galicia cos libros Literatura
galega da muller, Escritoras galegas,
Libros de mulleres, O
contradiscurso das mulleres, Nais,
damas, prostitutas e feirantas, Mulleres
e independencia, El contradiscurso de
las mujeres (versión actualizada da obra homónima traducida por Olga
Novo), Luz Pozo Garza: a ave do norte
e Alba de mulleres. Promoveu o
feminismo independente en Galicia dende os anos setenta.
É profesora de Literatura Galega da Universidade de Santiago de
Compostela no Campus de Lugo, pero anteriormente o foi de Lingua e Literatura
Españolas de Ensinanza Media e de Lingua e Literatura Galegas tanto de
Ensinanza Media como de Maxisterio. Coordina, con Claudio Rodríguez Fer, Unión
libre. Cadernos de vida e culturas, onde dirixiu o monográfico “Mulleres
escritoras”. Publicou diversos debuxos e deseños nos anos oitenta e
relatos dende os noventa, estes reunidos no libro Vermella con lobos.
Utliza así mesmo o seudónimo de Emma Luaces en homenaxe a Emma Goldman e á súa
liñaxe materna.
Sobre
literatura e cultura galega publicou os libros Conversas con Carballo Calero e Carballo
Calero: política e cultura, así como diversas edicións introducidas de
autores contemporáneos: Códice Calixtino de Luz Pozo Garza e, en
colaboración con Claudio Rodríguez Fer, Con pólvora e magnolias de X.
L. Méndez Ferrín e Os eidos de Uxío Novoneyra. Así mesmo é autora de
numerosos ensaios e estudos en distintos medios periodísticos e libros
colectivos.
Ver bibliografía de Carmen Blanco
Index | Presentación | Hemeroteca | Coordinación | Comité | Ilustración | Contacto